Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

O PROXECTO

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Mira Rianxo é un proxecto audiovisual impulsado dende o Concello de Rianxo que busca construir unha imaxe colectiva desta vila a través de pezas audiovisuais feitas pola cidadanía.

Mira Rianxo é unha ferramenta dixital colaborativa que amosa Rianxo ao mundo hoxe, con todo o seu potencial social, cultural, simbólico, económico e humano.

Queremos recopilar, xuntar e gravar,  vídeos que falen de /dende/ por/ Rianxo e que no seu sumatorio axuden a construir a VISIÓN que esta vila ofrece ao mundo.

Mira Rianxo é unha mirada conxunta do pobo que somos, actualizando a nosa forma de vernos e trasladando cara a fóra unha imaxe contemporánea do que ofrecemos.


En Mira Rianxo participan creadorxs audiovisuais profesionais e persoeirxs coñecidxs da nosa vila, mais tamén participas ti, porque todas as aportacións, todas as visións, tódolas miradas caben. porque Rianxo facémolo entre todas.